O tribunal
Ámbito de actuación
O ámbito de actuación do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Lugo é o seguinte:
- a) A Deputación Provincial de Lugo, os seus organismos autónomos e as súas entidades instrumentais que ostenten a condición de poderes adxudicadores.
- b) Entidades Locais da Provincia de Lugo, os seus organismos autónomos e as súas entidades instrumentais que ostenten a condición de poderes adxudicadores, cando atribúan a competencia ao Tribunal, de conformidade co establecido na norma.
- c) Universidades públicas e calquera outras entidades da provincia de Lugo, que estean suxeitas ao réxime do recurso especial ou reclamación, e que conforme ás normas vixentes non haxan de someterse á competencia doutro Tribunal, sempre que así o formalicen mediante convenio administrativo.
Natureza
O Tribunal administrativo de recursos contractuais da Deputación Provincial de Lugo é un órgano colexiado especializado, que actúa con plena independencia funcional, transparencia e integridade no exercicio das súas competencias.
Sen prexuízo da súa independencia funcional, o Tribunal Administrativo queda adscrito organicamente á Secretaría Xeral da Deputación, a cal proporá os medios persoais e materiais precisos para o seu correcto funcionamento.
Competencias
O Tribunal administrativo de recursos contractuais da Deputación Provincial de Lugoé competente para coñecer e resolver os recursos especiais en materia de contratación que se formulen fronte aos actos e decisións a que se refire o artigo 44 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, así como as reclamacións dos artigos 119 e ss. do Real Decreto-lei 3/2020, de 4 de febreiro de medidas urxentes polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no ámbito da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de plans e fondos de pensións; do ámbito tributario e de litixios fiscais; incluíndo, en ambos os casos, todos os seus incidentes e trámites.
Composición
- Presidenta: Dona María Emilia Casas Baamonde
- Vocal: Don Edgar Amando Cloos Fernández
- Vocal: Don Félix Mondelo Santos