O Presidente da Deputación preside a constitución do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da institución provincial, conformado por María Emilia Casas, Edgar Cloos e Félix Mondelo

“O TARCLU empeza o seu labor nas mellores mans, cun panel de luxo”, asegurou José Tomé. “Contamos con expertos recoñecidos e valorados, que garanten a excelencia e o rigor no funcionamento e nas resolucións do tribunal, os obxectivos que buscamos con este órgano e os que sempre guían a nosa acción política á fronte desta institución”

A Deputación, acolléndose á Lei de Contratos do Sector Público, creou o TARCLU para coñecer e resolver, “cunha maior axilidade e eficacia”, os recursos especiais en materia de contratación da propia administración e tamén dos concellos da provincia que decidan voluntariamente facer uso deste servizo que pon á súa disposición

“Poñendo en marcha este Tribunal, que comeza xa a súa actividade, o que facemos é avanzar cara unha administración provincial máis áxil, eficaz, transparente e útil para os veciños e veciñas, que é polo que traballamos cada día dende este Goberno”

O Presidente da Deputación preside a constitución do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da institución provincial, conformado por María Emilia Casas, Edgar Cloos e Félix Mondelo Leer más »