{"id":2015,"date":"2024-05-10T13:57:23","date_gmt":"2024-05-10T11:57:23","guid":{"rendered":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/?p=2015"},"modified":"2024-05-24T13:58:31","modified_gmt":"2024-05-24T11:58:31","slug":"o-presidente-da-deputacion-preside-a-constitucion-do-tribunal-administrativo-de-recursos-contractuais-da-institucion-provincial-conformado-por-maria-emilia-casas-edgar-cloos-e-felix-mondelo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/?p=2015&lang=es","title":{"rendered":"O Presidente da Deputaci\u00f3n preside a constituci\u00f3n do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da instituci\u00f3n provincial, conformado por Mar\u00eda Emilia Casas, Edgar Cloos e F\u00e9lix Mondelo"},"content":{"rendered":"\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, presidiu este venres na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o acto de constituci\u00f3n do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputaci\u00f3n de Lugo (TARCLU), conformado por Mar\u00eda Emilia Casas, como presidenta; Edgar Cloos, vogal; e F\u00e9lix Mondelo, secretario, aos que o mandatario provincial trasladou o seu agradecemento \u201cno plano institucional e persoal\u201d por aceptar a s\u00faa proposta de integrar este novo \u00f3rgano colexiado.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto contou coa presenza do Vicepresidente da instituci\u00f3n, Efr\u00e9n Castro Caloto; da Voceira socialista do Goberno e Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto; do Deputado de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Social, Pablo Rivera; e do Secretario Xeral da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Antonio Mourelle Cillero.<\/p>\n\n\n\n<p>Jos\u00e9 Tom\u00e9 lembrou que a Deputaci\u00f3n decidiu crear o TARCLU, acoll\u00e9ndose \u00e1 Lei de Contratos do Sector P\u00fablico, no seu artigo 46, apartado 4, coa finalidade de co\u00f1ecer e resolver, \u201ccunha maior axilidade e eficacia\u201d, os recursos especiais en materia de contrataci\u00f3n da propia Deputaci\u00f3n e tam\u00e9n dos concellos da provincia que decidan voluntariamente facer uso deste servizo que pon \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Aceptando esta responsabilidade, asegurou, Mar\u00eda Emilia Casas, Edgar Cloos e F\u00e9lix Mondelo \u201ccomprom\u00e9tense a prestarlle un servizo valios\u00edsimo aos veci\u00f1os e veci\u00f1as da provincia de Lugo, e demostran, unha vez m\u00e1is, a s\u00faa total vontade de servizo p\u00fablico e o seu fondo compromiso coa s\u00faa terra, coa provincia de Lugo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>O TARCLU, subli\u00f1ou, \u201cempeza o seu labor nas mellores mans, cun panel de luxo\u201d. \u201cContamos con expertos co\u00f1ecidos e valorados pola sociedade, que garanten a excelencia, o rigor e a independencia no funcionamento e nas resoluci\u00f3ns do Tribunal, os obxectivos nos que pensamos cando decidimos crear este novo \u00f3rgano colexiado, e os que gu\u00edan sempre a nosa acci\u00f3n pol\u00edtica \u00e1 fronte desta instituci\u00f3n: seriedade, rigor, transparencia e o principio de seguridade xur\u00eddica na xesti\u00f3n p\u00fablica\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cEstamos ante profesionais con brillantes e dilatadas traxectorias, que exercen ou exerceron a pr\u00e1ctica xur\u00eddica en distintos \u00e1mbitos e que te\u00f1en o respecto e o reco\u00f1ecemento da cidadan\u00eda, dentro e f\u00f3ra da s\u00faa profesi\u00f3n, e dentro e f\u00f3ra da nosa provincia\u201d, recalcou o Presidente, para quen \u201ca s\u00faa presenza \u00e9 determinante para cumprir co obxectivo que nos marcamos cando decidimos crear este \u00f3rgano especializado e independente, que \u00e9 resolver con maior axilidade, con maior eficacia, e con todas as garant\u00edas xur\u00eddicas, os recursos especiais en materia de contratos, dos que ata o de agora se ocupaba o TACGAL, o Tribunal Administrativo de Contrataci\u00f3n P\u00fablica de Galicia\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cGa\u00f1ar axilidade e eficacia nestes procedementos beneficia \u00e1 propia Administraci\u00f3n, pero tam\u00e9n ser\u00e1 positivo para as empresas que contratan con entidades p\u00fablicas e, en definitiva, para os veci\u00f1os e veci\u00f1as que se benefician dos servizos e das obras contratadas\u201d, afirmou Jos\u00e9 Tome.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo tanto, argumentou, po\u00f1endo en marcha o TARCLU, que comeza xa a s\u00faa actividade, \u201co que facemos \u00e9 avanzar cara unha Administraci\u00f3n provincial m\u00e1is \u00e1xil, m\u00e1is eficaz, m\u00e1is transparente e m\u00e1is \u00fatil para os veci\u00f1os e veci\u00f1as, que \u00e9 polo que traballamos, cada d\u00eda, dende este Goberno provincial\u201d. \u201cTraballar pola provincia de Lugo \u00e9 para min un orgullo e unha responsabilidade. Facelo nesta compa\u00f1a \u00e9 un verdadeiro privilexio\u201d, aseverou o Presidente da Deputaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un panel de luxo<\/strong><br>Mar\u00eda Emilia Casas, Presidenta do Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputaci\u00f3n de Lugo, foi Presidenta do Tribunal Constitucional, a primeira muller que acadou este posto no noso pa\u00eds; e tam\u00e9n a primeira muller que obtivo en Espa\u00f1a unha C\u00e1tedra de Dereito do Traballo e Seguridade Social. Pioneira, xurista de prestixio, experta en relaci\u00f3ns laborais, impulsora da loita contra a discriminaci\u00f3n e a favor da igualdade. Doutora Honoris Causa por diversas universidades, Conselleira Electa do Consello de Estado, e recibiu importantes condecoraci\u00f3ns, entre as que destacan o Premio Pelayo para Xuristas de Reco\u00f1ecido Prestixio ou a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Pe\u00f1afort. Mar\u00eda Emilia Casas \u00e9, ademais, licenciada en Filosof\u00eda e Letras, o que, sen d\u00fabida, lle d\u00e1 \u00e1s s\u00faas actuaci\u00f3ns o perfil humanista e de contacto coa sociedade que as caracteriza.Edgar Cloos, Vogal do TARCLU, foi Presidente da Audiencia Provincial de Lugo tras unha longa traxectoria profesional, que arrancou despois de licenciarse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo a praza de xu\u00edz por oposici\u00f3n libre en 1986. Iniciou a s\u00faa traxectoria profesional en Catalu\u00f1a, concretamente nos xulgados de Granollers, para logo regresar a Galicia como xu\u00edz con praza en Cambados, onde estivo ata 1999. Foi un dos pioneiros \u00e1 hora de ditar sentenzas en lingua galega, motivo polo que recibiu unha homenaxe xunto con outros compa\u00f1eiros no 2018 por parte da Irmandade Xur\u00eddica Galega. Xa en Lugo, exerceu primeiro nos xulgados da capital e posteriormente na Audiencia Provincial, onde dirixiu a secci\u00f3n segunda para logo ser o Presidente ata xubilarse, fai pouco m\u00e1is de un ano, en marzo de 2023.<\/p>\n\n\n\n<p>F\u00e9lix Mondelo, Secretario do TARCLU, tras licenciarse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce a profesi\u00f3n desde o ano 1981, desempe\u00f1ando durante estes anos a asesor\u00eda xur\u00eddica de diversas empresas e entidades. En decembro de 2010 resultou elixido Decano do Colexio de Avogados de Lugo, e en xu\u00f1o de 2017 tomou posesi\u00f3n do seu cargo como Presidente do Consello da Avogac\u00eda Galega. No ano 2022 recibiu a Condecoraci\u00f3n de Ouro polos 40 anos de exercicio da profesi\u00f3n por parte do Ilustr\u00edsimo Colexio de Avogados de Lugo. En xaneiro de 2023 contou coa confianza de todos os letrados da provincia para continuar \u00f3 mando do Colexio de Avogados de Lugo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Previsto na Lei e sen novos custes para a Deputaci\u00f3n<\/strong><br>A creaci\u00f3n dun Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais de car\u00e1cter provincial est\u00e1 prevista no apartado 4 do artigo 46 da Lei de Contratos do Sector P\u00fablico. Polo tanto, \u00e9 unha potestade da Deputaci\u00f3n, coa que, ademais, reforza a funci\u00f3n esencial da instituci\u00f3n, como \u00e9 a cooperaci\u00f3n cos concellos.<\/p>\n\n\n\n<p>O funcionamento do Tribunal non vai supo\u00f1er novos custes para a Deputaci\u00f3n de Lugo, pois os seus integrantes non cobrar\u00e1n un soldo. Tan s\u00f3 percibir\u00e1n unha dieta por cada d\u00eda que se re\u00fanan para cubrir gastos. Ademais, o persoal de apoio que precisen ser\u00e1 da propia Deputaci\u00f3n para optimizar recursos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cO TARCLU empeza o seu labor nas mellores mans, cun panel de luxo\u201d, asegurou Jos\u00e9 Tom\u00e9. \u201cContamos con expertos reco\u00f1ecidos e valorados, que garanten a excelencia e o rigor no funcionamento e nas resoluci\u00f3ns do tribunal, os obxectivos que buscamos con este \u00f3rgano e os que sempre gu\u00edan a nosa acci\u00f3n pol\u00edtica \u00e1 fronte desta instituci\u00f3n\u201d<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n, acoll\u00e9ndose \u00e1 Lei de Contratos do Sector P\u00fablico, creou o TARCLU para co\u00f1ecer e resolver, \u201ccunha maior axilidade e eficacia\u201d, os recursos especiais en materia de contrataci\u00f3n da propia administraci\u00f3n e tam\u00e9n dos concellos da provincia que decidan voluntariamente facer uso deste servizo que pon \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n<\/p>\n<p>\u201cPo\u00f1endo en marcha este Tribunal, que comeza xa a s\u00faa actividade, o que facemos \u00e9 avanzar cara unha administraci\u00f3n provincial m\u00e1is \u00e1xil, eficaz, transparente e \u00fatil para os veci\u00f1os e veci\u00f1as, que \u00e9 polo que traballamos cada d\u00eda dende este Goberno\u201d<\/p>\n","protected":false},"author":22,"featured_media":2016,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_coblocks_attr":"","_coblocks_dimensions":"","_coblocks_responsive_height":"","_coblocks_accordion_ie_support":"","_uag_custom_page_level_css":"","site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"default","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"set","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-opacity":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-opacity":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-opacity":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-opacity":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-opacity":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-opacity":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[],"class_list":["post-2015","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"uagb_featured_image_src":{"full":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU.jpg",1920,1280,false],"thumbnail":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU-150x150.jpg",150,150,true],"medium":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU-300x200.jpg",300,200,true],"medium_large":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU-768x512.jpg",768,512,true],"large":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU-1024x683.jpg",1024,683,true],"1536x1536":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU-1536x1024.jpg",1536,1024,true],"2048x2048":["https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/100524-Constitucion-do-TARCLU.jpg",1920,1280,false]},"uagb_author_info":{"display_name":"Nicol\u00e1s Fari\u00f1a Verea","author_link":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/?author=22"},"uagb_comment_info":0,"uagb_excerpt":"\u201cO TARCLU empeza o seu labor nas mellores mans, cun panel de luxo\u201d, asegurou Jos\u00e9 Tom\u00e9. \u201cContamos con expertos reco\u00f1ecidos e valorados, que garanten a excelencia e o rigor no funcionamento e nas resoluci\u00f3ns do tribunal, os obxectivos que buscamos con este \u00f3rgano e os que sempre gu\u00edan a nosa acci\u00f3n pol\u00edtica \u00e1 fronte desta&hellip;","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2015","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/22"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2015"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2015\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2017,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2015\/revisions\/2017"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/2016"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2015"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2015"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/tarclu.deputacionlugo.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2015"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}